Portis, Antoinette

Non é unha caixa / Antoinette Portis - PONTEVEDRA :KALANDRAKA ,2017 - Demademora (Kalandraka) .

O coello que protagoniza esta icónica serie de Antoinette Portis observa unhas caixas de cartón amoreadas, de distintas formas e tamaños, e decide converterse no “mellor construtor do mundo”: velaí o detonante de «Non é unha caixa. É unha cidade». A chegada doutros animais ofrecéndose a colaborar e a participar no xogo choca co seu carácter individualista, rexeitando así a intervención doutros axudantes ou xogadores. Ao verse só cambiará de opinión e contará coas achegas da xirafa que, co seu longo pescozo, pode facer torres máis altas do que alcanza o coello; das formigas, que son quen de erguer 50 veces o seu propio peso e poden transportan as caixas máis voluminosas;
e do camaleón, un experto en cores, que empeza a pintar a cidade.

8484643263


REUTILIZAR,CREATIVIDADE--TRABALLO EN EQUIPO

82N

Coa tecnoloxía Koha